Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Cero novas dotacións e servizos: o penoso balance do goberno de Alvariño

Visitas: 167

O Concello de Neda perde constantemente oportunidades de dotarnos de infraestructuras e servizos. Puidemos ter punto de recarga para vehiculos electricos como Cerdido, puidemos mercar un camion da basura novo ou dotarnos dun Punto Limpo Móvil, como Ares.

PUNTO LIMPO MÓVIL, UNHA DOTACIÓN DE INTERESE

En decembro de 2025, MOVENEDA fixo un chamamento público ó grupo de goberno para que presentase proxectos ás axudas da Xunta e aposte por dotarse dun servizo de Punto Limpo Móbil para facilitar a reciclaxe e paliar o problema dos residuos voluminosos

A creación dun Punto Limpo Móbil permitiría á veciñanza desfacerse de residuos sen dificultades e tamén contribuíría a fomentar hábitos de reciclaxe.

CERO INICIATIVA

En MOVENEDA temos fonda preocupación pola absoluta falta de iniciativa do goberno de Alvariño respecta á dotación de novas infraestruturas e servizos básicos para a veciñanza.

Resulta especialmente chamativo comparar con concellos como o Ares, que xa teñen Punto Limpo Móbil ao servizo da veciñanza, ou Cerdido con puntos de recarga para vehículos elécticos. Mentres, Neda segue acumulando anos de parálise, abandono e falta de proxectos útiles.

Desde o MOVENEDA preguntámonos:

  • Qué fai o goberno de Alvariño?
  • A qué se dedican os seus concelleiros?
  • Cales son as razóns polas que, nos últimos tres anos, ningún veciño lembra unha soa nova dotación ou infraestrutura de interese e utilidade pública?
  • Máis aló de entroidadas, comelladas e andar de photocalls, cal é o balance real da súa xestión? 

A realidade é que Neda perde oportunidades día a día, perde recursos e tempo, mentres outros concellos avanzan e melloran os seus servizos.


Etiquetas:

xunta de galicia, concello de Neda, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.