É a pregunta a facerse cando pensamos que lles levou 10 anos adoptar unha medida de seguridade necesaria: a correcta iluminación nun paso de peóns.
O lugar está situado na Avd. Alxeciras, xusto despois da curva do Regueiro, un lugar de gran risco onde xa se teñen rexistrado accidentes graves.
MOVENEDA empezou a reclamar medidas nese punto xa en setembro de 2016, sendo concelleiro do goberno tripartito (PSOE, BNG e CG) Antonio Seijo.
En distintas comisións, MOVENEDA trasladaba as queixas dos veciños da zona reclamando máis medidas de seguridade. Podedes consultar as nosas actas desas Comisións nos seguintes elaces: 2016-09-30 e 2016-10-27.
Durante este últimos anos, os veciños da zona tamén impulsaron accions como recollida de sinaturas e presentación de escritos no concello.
comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |