Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Medidas de prevencion como consecuencia da evolucion da situacion epidemioloxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Naron e Fene

Visitas: 257

Tentando paliar a falla de informacion oficial dende o Concello de Neda, vos achegamos esta guia e documento, que publica o Concello de Fene, onde se informa detalladamente das medidas en vigor.

Mais informacion: Medidas de Prevencion

  • As medidas teran efectos desde as 00.00 horas do 1 de novembro de 2020 e mantera a sua eficacia por un periodo de catorce dias naturais.
  • Se o venres a Xunta de Galicia publicou o decreto polo que quedou restrinxida a entrada e a saida de persoas no ambito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Fene, Ferrol, Naron e Neda asi como a limitacion de agrupacions de persoas so convivintes,  no DOG de hoxe sabado 31 de outubro publicaronse as medidas de prevencion como consecuencia da evolucion da situacion epidemioloxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Naron e Fene

As mais destacadas son as seguintes, ainda que aconsellamos ler con detemento a informacion contida no diario oficial.

Hostalaria e restauracion:

  • Nos bares e cafetarias prohibese o consumo no interior do local
  • Tanto en bares como en restaurantes, os grupos por mesas ou agrupacions de mesas limitanse a un maximo de 5 persoas convivintes. A separacion entre mesas debera garantir a distancia de seguridade.
  • Prohibese o consumo en barra, tamen na zona de cafetaria dos restaurantes
  • Nas terrazas so se poderan ocupar o 50% das mesas autorizadas e, no caso de grupos, maximo de 5 persoas, que han de ser convivintes. A separacion entre mesas ou grupos de mesas tera que garantir a distancia de seguridade
  • Nos comedores dos restaurantes non se podera superar o 50% da ocupacion do comedor para o servizo de comidas. As persoas usuarias sempre sentadas e asegurando entre mesas a separacion interpersoal. Se xantan/cean en grupo (maximo 5) teran que ser persoas convivintes
  • Os establecementos non poderan pechar mais tarde da 1 da madrugada nin admitir clientela a partir das 12 da noite, sempre e cando non exista ningunha restricion a circulacion nese horario. IMPORTANTiSIMO: debese recordar que neste momento hai toque de queda entre as 23.00h. e as 06.00h., polo que a clientela debera recollerse antes das once da noite (esta medida aplicase en toda Galicia, e non so nos concellos en nivel de alerta vermello)
  • Celebracions con motivo de cerimonias civis ou relixiosas: Os convites posteriores a estas cerimonias estaran limitados a un maximo de 50 persoas en espazos abertos e 25 en espazos pechados. No caso de ser en restaurantes axustaranse as condicions e a capacidade previstas para a prestacion do servizo nestes establecementos
  • Limitase ao 50% da sua capacidade a actividade en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formacion e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administracion autonomica en centros e entidades de formacion. (O ensino regrado continuara funcionando con normalidade)
  • Nos locais e establecementos comerciais non se podera superar o 50% da sua capacidade. Poren, no DOG tamen se sinala que non sera de aplicacion en establecementos comerciais de alimentacion, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmaceuticos, servizos medicos ou sanitarios, opticas, produtos ortopedicos, produtos hixienicos, salons de peiteado, prensa e papelaria, combustible para a automocion, estancos, equipamentos tecnoloxicos e de telecomunicacions, alimentos para animais de compañia, comercio pola internet, telefonico ou correspondencia, tinturarias e lavandarias, sen prexuizo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na orde e as medidas xerais de hixiene e proteccion.
  • Zonas comuns en hoteis e aloxamentos turisticos, asi como actividades turisticas ou organizadas en bibliotecas, museos, monumentos, infraestruturas culturais, etc.: Poden facerse actividades grupais, ainda que limitadas a un maximo de 5 persoas, sexan ou non convivintes, incluido o monitor/a. Deberase gardar a separacion interpersoal, a menos que se trate de convivintes. Os itinerarios turisticos guiados e organizados por empresas do sector poden levarse a cabo, sempre que sexa en grupos dun maximo de 5 persoas.
  • Cines, teatros, auditorios e recintos dedicados a actividades recreativas e espectaculos publicos: maximo 30 persoas en lugares pechados e 75 persoas se a actividade e ao aire libre (50/150 con autorizacion da Direccion Xeral de Saude Publica e protocolo de seguridade especifico).
  • Centros civicos e socioculturais: limite do 50% da sua capacidade e, no caso de actividades grupais, maximo 5 persoas por grupo, sexan ou non convivintes.
  • Actividade fisica non federada ao aire libre: podese practicar de forma individual ou en grupo. Neste ultimo caso deberan ser como maximo 5 persoas convivintes, ademais do monitor.
  • Actividade en instalacions e centros deportivos: maximo grupos de 5 persoas, sexan ou non convivintes, sen contacto fisico. Non se podera ocupar mais do 50% da capacidade do recinto.
  • Eventos deportivos e adestramentos con publico: publico sempre sentado, maximo 50% da capacidade e non mais de 30 persoas en espazos pechados ou 75 ao aire libre (50/150 se hai plan de prevencion especifico e autorizacion da DX de Saude Publica)
  • Recomendamosvos que leades o DOG de hoxe sabado con detemento, e recordade que estas restricions entraran en vigor as 00.00h. deste domingo 1 de novembro.

 

 


Etiquetas:

goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.