Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neda perde oportunidades mentres outros concellos aproveitan as axudas ambientais

Visitas: 396

Hai semanas propuxemos que o Concello de Neda se presentase as subvencións da Xunta para dotarse dun remolque de Punto Limpo Movil. Non temos constancia de que fixeran nada. Como esta, existen outras axudas para dotacións, por exemplo para instalar un punto de recarga de vehículos eléctricos como fixo o Concello de Cerdido.

Os concellos poden dar impulso á transición enerxética e millorar as infraestruturas municipais con axudas do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, dotado con 11,4 millóns de euros. O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 6 de marzo.

Este plan permite ós concellos financiar a instalación de paneis solares, puntos de recarga eléctrica, mellorar a eficiencia enerxética e adquirir vehículos ou equipamentos para a recollida de residuos, entre outras iniciativas.

Estas subvencións son unha oportunidade para que concellos pequenos, como o de Neda, melloren os seus servizos, sen depender de recursos propios. Tamén permite acometer proxectos de gran calado que doutro xeito serían difíciles de asumir economicamente.

QUÉ PASA EN NEDA?

O exemplo do Concello de Cerdido, que instalou un punto público de recarga para vehículos eléctricos con estas axudas, é moi interesante para Neda, onde xa temos taxistas con vehículos electricos que poderían dar bon uso a estes puntos de recarga.

Desde MOVENEDA queremos denunciar que non temos constancia de que o Concello de Neda se estea presentando a este tipo de subvencións, malia tratarse de oportunidades claras para mellorar os servizos municipais.

Non sabemos se o Concello non solicita estas axudas por descoñecemento, por deixadez, por vagancia ou, pior ainda, por decisións políticas. En calquera caso, o resultado é o mesmo: Neda perde oportunidades mentres outros concellos avanzan.

EXEMPLO DE DESLEIXO: O PUNTO LIMPO MOVIL

Un caso especialmente grave é a perda da oportunidade para dotar ó noso concello dun Remolque Punto Limpo Móvil para facilitar a reciclaxe, mellorar a xestión de residuos e achegar os servizos ambientais á veciñanza das zonas rurais.

Podedes ler o artigo que publicamos no seu momento: Neda pode apostar por un Punto Limpo Móbil coas novas axudas da Xunta.

CUESTION DE RESPONSABILIDADE

Desde MOVENEDA imos esixir o goberno municipal que explique publicamente:

  • Se está solicitando estas axudas.
  • Cantas solicitudes presentou nos últimos anos.

  • Cantas subvencións perdeu por falta de iniciativa.

  • Cantas solicitudes foron rexeitadas pola Xunta, se as hai, e as razóns do rexeite.

Os recursos existen. As oportunidades tamén. Falta vontade política e unha xestión eficaz que poña os intereses da veciñanza por diante da pasividade e dos cálculos elctoralistas e partidistas.

En Neda merecemos máis.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.