Desta volta é nas zonas do Cal e Alcallás, onde os veciños denuncian que levan 16 dias sen iluminación e que, por riba, o goberno do Concello non fixo nada.
Estas novas zonas afectadas por cortes na luz pública se suman ás que levamos denunciando dende decembro en zonas de Anca e Fontevella.
Xa daquela, levamos o asunto á Comisión de Servicios onde preguntamos ó señor concelleiro por eses continuos cortes de luz.
Foi precisamente nesta comisión onde recibimos a delirante resposta de Angel García Cordero:
- "No se puede hacer nada porque hay cortes en todos lados y que es algo que no se puede controlar y que hay que acostumbrarse"
Ante esta situación, MOVENEDA trasladou o asunto ao Pleno municipal, esixindo respostas e medidas concretas. A respostas recibidas foron, cando menos, indignantes. O alcalde Ángel Alvariño aproveitou a súa intervención no Pleno para despegar un amplo repertorio de evasivas e desculpas, sen achegar nin un só compromiso concreto nin un prazo de actuación.
Xa pasaron máis de tres meses dende as primeiras denuncias. As queixas non cesaron: multiplicáronse. E o goberno municipal segue sen dar sinais de que este asunto lle mereza a atención que require. Para MOVENEDA, isto non é un problema técnico puntual: é a expresión dunha indolencia sistemática e dunha incapacidade de xestión que non pode seguir tolerándose.
MOVENEDA non só denuncia: propón. Esiximos ao goberno municipal que adopte de xeito inmediato as seguintes medidas:
MOVENEDA quere ser inequívoca: se o goberno municipal non adopta medidas efectivas e a situación non mellora de xeito constatable, esixiremos o cese inmediato do Concelleiro Ángel García Cordero. Un cargo público que non é capaz de garantir un servizo tan básico como a iluminación das rúas, e que ademais responde ás queixas dos veciños con chulería, pasotismo e desdén, non está en condicións de seguir exercendo as súas funcións.
Os veciños de Neda merecemos un goberno que traballe para nos. Mentres ese goberno non chega, MOVENEDA seguirá denunciando, esixindo e dando voz ás queixas dos veciños.
comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |